RSS

Casa de Alfonsín

Alfonsín é o topónimo que lembra unha familia que habitou nese lugar de Almirante. Orixinariamente foi unha rama da Casa de Outeiro que se instalou alí.

O primeiro de quen temos constancia que tiña a súa residencia fixada nese lugar do Almirante foi Gonzalo de Caldas, fillo de outro Gonzalo de Caldas (irmán de Alonso García escribán (ver Outeiro) e Inés de Sar.

Autora: Purificación Rodríguez


Xenealoxía

O primeiro de quen temos constancia que tiña a súa residencia fixada nese lugar do Almirante foi Gonzalo de Caldas, fillo de outro Gonzalo de Caldas (irmán de Alonso García escribán (ver Outeiro) e Inés de Sar.

Casou GONZALO DE CALDAS con Agostina Boceta de Caamaño e Figueroa, filla de dona Maior e o capitán Domingo Boceta de Caamaño e Figueroa, neta por liña paterna de Gonzalo Boceta de Caamaño e Teresa Boceta (natural de Lantaño), fundadores da Casa de Somonte; e, por liña materna de Gracia Rodríguez de Castro e Gregorio González Caamaño fundadores da Casa do Curuxal.

Non se sabe exactamente a data deste casamento, pero si que no ano 1.620 xa estaban casados. Tivo este matrimonio entre outros fillos a Antonio e Gonzalo.
Antonio de Caldas casou con María Boceta e froito deste matrimonio foi Pascoa Boceta de Caldas quen casará no 1.701 con Juan da Silva Balcacer e serán fregueses de S. Xés de Padriñán (Sanxenxo).

D. GONZALO DE CALDAS E OSORIO segue a liña da Casa. Casou D. Gonzalo con dona Juana Pérez de Romai ou Pérez Boceta Mariño (¿? – 1.691), e tivo entre outros fillos a Joseph que segue a liña.

D. JOSEPH DE CALDAS CAAMAÑO ou Pérez de Caldas (1.666-1.724) exerceu como escribán da xurisdicción de Vilanova de Arousa. Casou no ano 1.692 con Mª Antonia Núñez, descendente tamén da Casa de Outeiro (bisneta de Ares García, irmán de Juan García, tataravó de D. Joseph). Tiveron entre outros fillos a Dona María Antonia Núñez de Caldas, que segue a liña.

DONA MARÍA ANTONIA NÚÑEZ DE CALDAS E OSORIO (1.697-¿?) casou no ano 1.721 con D. Juan Caamaño Alfonsín de Sotomayor fillo de D. Miguel Caamaño Alfonsín de Sotomayor e dona Anastasia de Lago? naturais de Portas. Exerceu don Juan como cirurxián ata a súa morte no ano 1.724. Tivo este matrimonio entre outros fillos a Jacobo quen seguirá a liña.

DON JACOBO ALFONSÍN (1.721-1.792) casou en primeiras nupcias con Benita Fariña e en segundas nupcias con dona Ana María de Reino e Losada.

Autora: Purificación Rodríguez

Advertisements
 

Os comentarios están pechados.