RSS

Clima histórico

O ambiente en que se desenrolou a vida de Domingo Fontán, estivo marcado por unha vertixinosa sucesión de cambios de toda orde alternándose acertos e fracasos políticos, por desgracia máis numerosos estes que aqueles.
O ano seguinte do seu nacemento, tivo lugar en Francia a Revolución (14 de xullo de 1789), que tanto habería de influír nas ideas e na sociedade do seu tempo.
Manuel Godoy, favorito de Carlos IV, seguiu, con respecto á Revolución Francesa, unha política desgraciada, que sintetizaremos deste modo:
Guerra contra Francia, Paz de Basilea, tratado de San Ildefonso e, como consecuencia, as derrotas navais de San Vicente e Trafalgar; acordo de Fontainebleau, que houbo de carrexar a España as tristes xornadas do 2 e do 3 de maio de 1808. Contaba entonces Domingo Fontán, 20 anos de idade.
Caído Godoy, os acontecementos sucédense con rapidez: Guerra da Independencia, Cortes de Cádiz e Constitución de 1812 (primeira promulgada en España), nomeamento de Xosé I Bonaparte como rei dos españois.
Fin da guerra coas victorias de Arapiles, Vitoria e San Marcial. Fuxida de Xosé Bonaparte e regreso de Fernando VII.
Reinado de Fernando VII: Abolición da Constitución de 1812, sublevación de Riego e trienio liberal; invasión dos “Cien Mil Hijos de San Luis”, mandados polo Conde de Angulema. Consecuencia: “Década absolutista ” (durante este período de cega represión foi cando Domingo Fontán, foi perseguido e procesado acusado de conspirar contra o goberno e a monarquía, pero en todos os casos quedou cumpridamente probada a súa inocencia).
Morto Fernando VII, despois de nomear herdeira da Coroa á súa filla Isabel II, rexenta o trono a súa esposa María Cristina, xa que Isabel era menor de idade.
Durante esta Rexencia estala a Guerra Carlista, que termina co abrazo de Vergara. Fontán presenta, nun solemne acto, o seu mapa de Galicia á Rexente.
Reinado de Isabel II (continuación da Guerra Carlista, fin da Guerra, novos disturbios entre os que sobresae a insurrección de Galicia, iniciada en Lugo polo comandante Solís, guerra contra Marrocos (1859)…
Dous anos antes da Revolución de 1868, que destronou a Isabel II, morreu Fontán en Cuntis, sendo sepultado en Santiago, onde descansan os seus restos mortais.

Autor: D. José Osorio

Advertisements
 

Os comentarios están pechados.