RSS

Historia de Romai

Romai e os seus monumentos históricos máis emblemáticos

Romai, nome que se debe á existencia dunha Vila romana, o núcleo de poboación do mesmo orixe (romano), non obstante hai que recoñecer que a primitiva poboación débese á existencia dun Castro Celta que coa chegada dos romanos a España polo ano 149-140 antes de Cristo, como consecuencia da derrota sufrida por Viriato en Numancia chega a primeira expedición ó mando de Decio e Julio Bruto no ano 138 antes de Cristo e considerando que os Celtas dos que procedemos, viñeron a España cara o século VI antes da Cristianización, establecéndose en Galicia entre outras ramas que non imos mencionar por non alargar o tema, os Cilenos que se sitúan entre os ríos Ulla e Lérez e por conseguinte en Portas, Romai e todo o val do Salnés ocupando os castros como vivendas que eles construíran na seu cume ben como defensa segundo uns ou morada habitual nas súas ladeiras ó deixar de practicar o nomadismo segundo outros. A chegada dos Romanos (sempre que cheguen en son de paz), supón para os Celtas submisión e acatamento que han de sufrir con resignación a preferir a guerra, resignándose a poboar a base do Castro que constituirá o primeiro núcleo de poboación compartido cos romanos, que respectarán as súas tradicionais costumes aínda que non a súa relixión que ha de se adaptar á que traen os romanos moi diferente á súa pero que aceptarán en algúns casos.

Podemos considerar a Romai Vello situado ó pé do Castro como o primeiro núcleo de poboación da parroquia onde os veciños encontraron no lugar de o Peso fai varios anos (1975-76) casualmente facendo buratos para plantar cepas e postes unha lápida dedicada ó Deus Cosus.

Aínda que na Epigrafía aparece un sen número de deuses de difícil interpretación, que puideran pertencer a clans locais ou de Castros Celtas, ou incluso preceltas segundo o historiador Vicente Risco.

O estudio da Ara aparecida en Romai realizado por D. Isidoro Millán e que está depositada no museo de Pontevedra e dedicada ó Deus Cosus, protector da agricultura (antes da guerra con Marte) e que no seu altar se colocaban durante as festas ramas de guirnaldas onde se realizaban ofrendas de froitos acompañados de abundantes libacións de viño, pode considerarse ó Deus Cosus, de orixe Celta, non así a ofrenda, dedicada a Cosus escrita en latín, o idioma que falaban os Romanos, pois os Celtas ignoraban a lectura e aa escritura. A inscrición que aparece na Ara segundo Isidoro Millán consiste unha ofrenda feita por Saego fillo de Víctor, que ofrecera a promesa ó Deus Coso.

No lugar onde se encontrou o Ara existen outras pedras diseminadas que tiñan a finalidade de dedicarse ó culto pagán.

Se importante fora atopar o Ara dedica a Cosus, non o é menos o descubrimento de sepulturas unidas formando unha pequena necrópole situada na parte nova do cemiterio parroquial e que merece un estudio máis exhaustivo.

Segundo informes, nas proximidades da Igrexa parroquial encontrouse un sepulcro antropomorfo labrado en pedra que pertenceu a un gran xefe ou personaxe adiñeirado e hoxe se atopa situado o atrio parroquial.

Non imos rematar este pequeno traballo sen antes recordar que a Igrexa Parroquial de San Xulián de Romai pertence ó estilo Románico, construída entre os séculos XII, XIII, que a ábsida sufriu algunha reforma, a fachada principal conserva o estilo orixinal aínda que nas tres columnas que sosteñen o arco da porta principal unha da parte dereita pertence ó estilo Salomónico, por algún accidente foi substituída sen ter en conta o arte orixinal. O rosetón da fachada principal foi substituído pola esfera do reloxo. A porta lateral dereita conserva o seu estilo románico aínda que na actualidade perdeu o seu uso, o resto do edificio consérvase en perfecto estado.

Advertisements
 

Os comentarios están pechados.