RSS

O Mapa de Galicia

Foi presentado á raíña rexente Dona María Cristina, nai de Isabel II.
A pesares do enorme traballo de Fontán e do tempo invertido nel, a súa obra pasou case inadvertida polos xeógrafos do seu tempo, e aínda dos posteriores. Por exemplo: nun largo estudio sobre os cartógrafos españois publicado nos primeiros anos do século XIX, o seu autor só dedica a Fontán unhas breves liñas. Hei aquí unha das moitas inxustizas da nosa historia patria.
O mapa de Fontán ofrece a novidade de preocuparse pola designación de comarcas e rexións naturais, co que se anticipa ós demais da súa época, conferíndolle unha actualidade da que os outros carecían.
Xa dixemos que foi case descoñecido ou menosprezado polos historiadores e xeógrafos da súa época; non así polos cartógrafos, que se basearon nel para realizar as súas obras. E así, outro eminente confeccionador da carta das provincias galegas: “Todos los mapas contemporáneos suyos, confiesa, al trazar las situaciones y principales detalles de este mapa se han tomado de Don Domingo Fontán, habiéndonos limitado a añadir los planos particulares”.
Como vemos, a importancia da obra cume de Fontán, ten unha singular transcendencia, aínda que o silencio culposo unhas veces, a ignorancia outras e a indiferencia as máis, foron as causas de que non se lle recoñecese -non soamente na súa época, senón, o que é máis triste, aínda hoxe-, o seu verdadeiro e xusto mérito.
Pero na Historia, todo o que realmente é digno de recordar para coñecemento de todos, sae inexorablemente a flote un día ou outro; por elo estamos seguros que no seu momento estudiarase a súa obra coa profundidade e a extensión que realmente merece. E se lle recoñecerá o seu valor.

Autor: D. José Osorio

 

Os comentarios están pechados.