RSS

Pazo de Penelas

Descoñécense as orixes da casa-torre Penelas, segundo os expertos a súa construcción podería datarse sobre os séculos XIV ou XV. No meu traballo nos diversos arquivos consultados, rastrexando cara atrás no tempo chego só ata o século XVII.
A Primeira referencia escrita ós moradores de Penelas que atopei refírese a Benito García, escribán. Trátase dun protocolo de D. Albaro Boceta de Figueroa do ano 1.681 en el sitúa ó mencionado Benito como morador da “Cassa de Penelas”
O escudo situado no fachada de poñente da torre amosa o helmo volto cara á esquerda como significado de bastardía podería se-la raíz da familia. Despois de Benito García non se atopa ningún fillo bastardo que continúe a liñaxe, así eu coido que ten que ser antes.

Autora: Purificación Rodríguez


TORRE PENELAS

Situación.- Parroquia de San Pedro de Lantaño.

Orixes.- Non se posúen datos ó respecto; aínda que a fecha na que se levantou a torre pode situarse no século XIV, quizás como complemento defensivo da fortaleza -xa desaparecida- que no próximo lugar de Almirante tiveron os Sotomayor. Avala a súa antigüidade a constatación de que a argamasa que une as súas pedras estea formada por conchas de ostras e almexas, feito que non é aislado, pois nunha das restauracións realizadas nos últimos anos da década dos 70 nas murallas de Lugo atopáronse iguales elementos constructivos.

Apuntes históricos.- Nun artigo que Xavier Ozores publicou o 7 de outubro de 1926 no diario “Faro de Vigo”, dános a noticia da chegada dos Boceta de Zea, procedentes das súas casas de Noceta (Vizcaya) e palacio de Zea (Álava). Tamén sitúa en Torre Penelas ós Caamaño Alfonsus en 1658 e fálanos de José Buceta político que alcanzou notable relevo. Engadiremos que, en efecto, os deste último apelido, unidos ós Ponce de León, señoreaban o pazo no século XVIII.

Caracterización.- É Torre Penelas un dos pazos que serven de exemplo de singularidade da arquitectura civil tradicional de Galicia, en canto a mesma é rural e, quizá por elo, a súa traza posúe o encanto da sobriedade rústica. O pazo intégrano dous corpos de edificación e a torre, que ocupa o ángulo de intersección daqueles -nun dos cales, orientado ó nacente, sobresaen o patín cuberto e a escalinata que a el conduce-, e das cales as fases de execución poden fixarse nos séculos XVII e XVIII.

As obras que o seu anterior propietario soubo levar a cabo foron de gran acerto, conseguindo con elas a súa total conservación e posterior mantemento. Unha explotación gandeira de raza rubia galega e outra vinícola, máis recente, fixeron de Torre Penelas un pazo máis que recobra a súa finalidade de empresa agropecuaria. Pero como a actuación do seu actual propietario en algúns dos elementos arquitectónicos do pazo supoñía unha grave ameaza que acarrearía a desnaturalización do edificio, a Asociación Amigos dos Pazos viuse na obrigación de denunciar tal circunstancia ante a Comisión Territorial de Patrimonio Histórico da provincia, do cal o seu presidente solicitou do Concello de Portas a paralización das obras e a remisión do proxecto a fin de emitir o preceptivo informe.
Outros elementos tipicamente pacegos son o hórreo, o pombal e a capela, rescatada do estado ruinoso en que se atopaba e trasladada a súa actual situación, en medio do bucólico xardín onde maduran excelentes laranxas.

Escudo.- Está situado na fachada da torre que da á estrada, no medio das dúas ventás da primeira planta. De forma ovalada, o seu campo aparece dividido en seis particións, nas que creemos que figuran as armas dos Somoza, Boceta de Caamaño, Barba de Figueroa (en una execución errónea), Torres, Cea y Bazán. Leva por timbre un helmo volto á sinistra, do que sae abundante plumaxe, e o seu contorno decorado con motivos vexetais de clara traza barroca.
Estado de conservación. – Bo.

Bibliografía: Inventario PAZOS Y TORRES de la provincia de Pontevedra.
De Juan M. López Meléndez y Grato E. Amor Moreno

Editado por: Exma. Diputación Provincial de Pontevedra 1997


Xenealoxía

BENITO GARCÍA era fillo de Alberto García, escribán, e dona Alberta de Caldas, parentes en …..grado de consanguinidade, (ámbolos dous eran netos de outro escribán, Alonso García da Casa de Outeiro ; ver capítulo dedicado a esta Casa) neto por parte paterna de D.Alvaro Boceta, rector de Carril. Descoñécese o nome da súa avoa, pero non sería moi atolado pensar que estivese aí a orixe da bastardía e a propiedade de Penelas en mans deste escribán.
Resulta curioso que o seu pai Alberto García non o mencione no seu testamento, no que “mellora” ó seu fillo Lorenzo Boceta, e se este non ten descendencia, a Domingo, en segundo lugar a María, en terceiro a Francisca e a falta deles o fillo varón maior en días, segundo consta no protocolo que pasou ante Diego de Camba Romero, escribán, no ano 1.660.
Naceu D. Benito García no ano 1.638? 1.639?. Casou con dona Maior Rodríguez de Castro Monterroso e tivo este matrimonio un fillo: D. Alberto.
D. Benito García morreu no ano 1.691 e ó seu enterro asistiron 34 sacerdotes, símbolo do seu poderío económico. A súa dona, dona Maior sobreviviuno 9 anos, morreu no ano 1.700 e ó seu enterro asistiron 30 sacerdotes.

D. ALBERTO ANTONIO GARCÍA MONTERROSO casou no ano 1.697 con dona Mariana Romero de Figueroa o López de Navia filla do Capitán D. Jacinto Romero de Figueroa e dona Antonia Inés de Navia Mariño. Morreu dona Mariana sen descendencia en Vilagarcía. Nunha anotación á marxe no libro de defuncións de S. Pedro de Lantaño lese “Dona Marina Romero muger de D. Alberto Antonio García Monterroso murió en Vilagarcía en 21 de marzo de 1.728. Diósele sepultura en la Parroquia de dicha villa en 23 de dicho mes y as día siguiente se le hicieron los dos actos con permiso mío”. Casou en segundas nupcias D. Alberto con dona Josepha de Mondragón, feito que se coñece pola súa partida de defunción: “En la feligresía de S. Pedro de Lantaño a veinte y ocho días de el mes de Agosto año de mil setecientos veinte y nueve mio D. Alverto Antonio García Monterroso marido de Dona María Josepha de Mondragón vecino de dicha feligresía y en su Casa de Penelas (…) diosele sepultura dentro de la Iglesia parroquial de dicha feligresía el día veinte y nueve de dichos mes y año. Asistieron a su entierro y dos actos que se hicieron en dos días (…) veinte y cuatro sacerdotes y ocho a un novenario de actos (…) por heredero a D. Juan Benito Boceta Mariño (…)

D. JUAN BENITO BOCETA MARIÑO era fillo de D. Juan Antonio Boceta Mariño e dona Catalina Tomasa Temes Nogueira de la Fuente, veciña de los Baños. D. Juan Antonio e D. Alberto Antonio eran curmáns ( D. Benito, pai de D. Alberto e María, nai de D. Juan Antonio eran irmáns. Ver Casa Perrín).
Segundo consta no testamento de D. Juan Benito datado en 14 de abril de 1.870 ante Farancisco Javier Varela Patiño “(…) D. Alverto Antonio García Monterroso, por el testamento con que se murio y otorgó por ante Ciprián de Roybal uno de los escribanos de Número de esta jusrisdicción de Villabueba de Arousa, me llamó para la subcesión del vínculo y mayorazgo que fundó, y de que es cabeza esta Casa de Penelas con tal condición, que para haber de gozarlo debiera separame de mis legítimas que me pudiesen tocar y pertenecer por mi padre en cuya consecuencia y de haberlo aceptado no he llevado, ni poseído bienes algunos libres (…) O testamento de D. Alverto non se conserva.
Según o testamento de D. Juan Antonio –seu pai-, D. Juan Benito é sucesor do vínculo da Capela de Sto Domingo e Casa de Paredes fundación de D. Domingo Boceta. (Ver Casa Perrín).
A Capela de Sto. Domingo quedará vinculada á Casa de Penelas e como tal pagarán as súas cargas ata o ano 1.870 en que se redimen.
D. Juan Benito Boceta Mariño e García naceu no lugar de Paredes (S. Pedro de Lantaño) no ano 1.711. Casou en primeiras nupcias con Dona María Francisca Quintela, veciña de Santiago, da que non tivo descendencia. En segundas nupcias casou con dona Dionisa Gaspara Ponce de León y Piñeiro. Tivo este matrimonio tres fillos: Miguel, María Luisa e María Manuela.
Dona María Luisa Liberata Boceta Mariño Ponce de León (n.1.742), casou o 13 de setembro de 1.760 con D. Francisco de Moure e Temes, fillos de D. Joseph de Moure e dona Benita Losada de Navia (esta da Casa de Outeiro), sucesor no vínculo na Casa da Granxa en S. Mamede de Corvillón, pais de D. Ramón de Moure e Buceta ou Villamoure (n.1.761).
Dona Mª Manuela Theresa Boceta Mariño Ponce de León (n.1.764), casou o dous de xaneiro de 1.764 con D. Fernando de Castro e Mosquera, fillo de D. Benito de Castro e Dona Josefa Mosquera, sucesor de seus pais no vínculo da Casa San Marcos (Sta. Mª de Perdecanai). Foron testemuñas desta unión D. Luis Ponce de León, cura de S. Mamede da Portela e D. Francisco de Villamoure, cura de S. Mamede de Corvillón.Foron pais entre outros de D. Luis Guillermo Rafael Antonio Boceta Mariño de Castro e Mosquera.
Dona Dionisia Ponce de León foi sepultada “en primeiro de abril do ano 1.773 (…) nunha sepultura da Capela Maior de S. Pedro de Lantaño, por licencia e facultade, que D. Juan Benito Buceta alcanzou do Padre Mestre Abade e monxes do Mosteiro de Armenteira como Patróns de dicho curato (…) asistiron ó seu enterro e honras 24 sacerdotes (…) se dixesen pola súa ánima mil misas (…). Faleceu D. Benito dez anos máis tarde sendo sepultado o 14 de marzo de 1.756.

D. MIGUEL ANTONIO BUCETA MARIÑO PONCE DE LEÓN (7/5/1.741-1.803) segue a liña de Casa Penelas. Sabemos que foi Administrador de Rendas Reais no porto de Carril. Casou con dona Josefa Armesto e Zúñiga. D. Miguel e dona Josefa tiveron 5 fillos: Joseph Benito, Juan Luis Domingo (1.778-¿?), Mª de los Dolores Josefa Teresa (1.779-¿?), Luis Antonio Tomás (1.780-¿?) e Joaquina Bernarda (1.782-¿?).
Dona Josefa foi sepultada o 14 de decembro de 1.815 nunha sepultura da Capela de Nosa Señora de Expectación.
Joaquina Bernarda Ramona Buceta Armesto y Zúñiga casará con D. Josef Manuel Patiño, fillo de D. Ramón Patiño e dona Josefa María Teresa Estévez de Pedrosa, veciños de Sta. Eulalia de Arealonga, o día 24 de xaneiro de 1.811.

D. JOSEPH BENITO RAMÓN FRANCISCO MARIA Y ANA BUCETA ARMESTO (1.776-19/6/1.834) segue a liña na Casa de Penelas. Casará en primeiras nupcias na basílica de Sta. María A Maior de Pontevedra con dona Josefa Cadavid e Ramírez o 21 de novembro de 1.817. O día 19 de maio de 1.820 nace o que será o seu único fillo, José e un mes máis tarde morre Dona Josefa. O 23 de abril de 1.823 contrae segundas nupcias D. Joseph con dona Dolores Varela y Romero natural de S. Cristóbal de Cerqueda (Arciprestado de Sehaya) quen falecerá o 30 de xaneiro de 1.833 sen descendencia. Contraerá D. Joseph terceiras nupcias con dona Josefa Patiño, sen descendencia.

D. JOSÉ ANTONIO BENITO RAMÓN DEL SOCORRO BUCETA RAMÍREZ foi Avogado e Deputado Provincial, el foi o que redimiu as cargas que pesaban sobre a capela de Sto. Domingo de Paredes.
Falece D. José célibe en Vilagarcía e foi sepultado en Lantaño o 15 de abril de 1.900 deixando como herdeiro a D. Luis Patiño Muñoz casado con dona Margarita Hermida Araujo natural de Leiro- Rivadavia.

Autora: Purificación Rodríguez


 

Os comentarios están pechados.