RSS

Portas e a invasión francesa

Cando as tropas napoleónicas invadiron Galicia, en 1809 (recórdese que a Guerra da Independencia comezou o dous de maio de 1808), conta González Zúñiga na “Historia de Pontevedra” que “en su tránsito por estos pueblos no hicieron otra cosa que llevar a todos ellos y a los comarcanos la desolación, el hombre y la miseria; pues robando a los paisanos sus granos, forrajes y ganado, pusieron a todo el país en la mayor consternación, produciendo entre sus naturales una alarma general”.
Caldas de Reis e todos os pobos e aldeas limítrofes, incluído Portas, pasado o susto e a sorpresa dos primeiros momentos, reaccionaron con indignación e heroísmo ante os atropelos dos franceses, sentindo arder nos seus corazóns esa inextinguible chama do amor patrio, que se avivou sempre que de defender se trata a terra en que por vez primeira viron a luz.
A loita foi cruenta e longa. Os franceses incendiaban todo aquelo que encontraban ó seu paso. O Arquivo parroquial de Portas, ó igual que outras moitas igrexas e monumentos das inmediacións, foron pasto das chamas, de aquí que non se conserve a partida de bautismo de Domingo Fontán.
Os veciños de Portas que atoparon a morte heroicamente loitando en defensa do seu terruño, de Galicia e de España, foron os que seguen: Paulo Rodríguez, José Antonio Alonso, Martín Magariños, Alberto Martínez, Pedro de Barreiro, Manuel Buños, Gregorio Cachafeiro, Domingo Buceta, Juan de Barreiro.

Autor: D. José Osorio

Advertisements
 

Os comentarios están pechados.