RSS

Preito pola capitalidade da provincia

Foi evidente o protagonismo de Don Domingo Fontán no preito que se suscitou entre Pontevedra e Vigo pola capitalidade da provincia, que ambas cidades se disputaban.
O litixio aumentou. Os contendentes dos dous bandos (chamémoslles así) aducían razóns que non e do caso ponderar agora. Ilustres personaxes competían con floridos discursos e apaixonados artigos nos periódicos da época, sen descoidar os seus manexos e influencias na corte. O paladín da causo en pro de Pontevedra, a voz máis autorizada, foi sen dúbida a de Domingo Fontán. Os seus razoamentos, con unha base histórica e xeográfica cientificamente irrebatible, inclinaron a balanza da Lei a favor de Pontevedra como capital da provincia. O seu mapa de Galicia “Mapa Xeométrico de Galicia”, como el lle chamou con non afectada modestia) xogou aquí un decisivo papel.
Con respecto á contenda xerada, e cando aínda non se había resolvido, Domingo Fontán dirixiu ó concello pontevedrés unha carta contendo unha serie de consideracións sobre o que era conveniente facer e non facer con vistas a conservar a capitalidade. Esta carta foi cedida, posteriormente, ó Museo de Pontevedra. Alí pode verse hoxe.
Ben vedes, polo que deixamos escrito, o moito que debe Pontevedra a Domingo Fontán. Pero deixemos que o señor Filgueira fale por nos:
“Pontevedra, más que ningunha otra población de Galicia, tiene unha inmensa deuda con Fontán y se hace honor a sí misma al desear pagarle en moneda de arte. ¡Que las conmemoraciones centenarias de la “Carta Geográfica” traigan a este caliente hogar de nuestra historia, al lado de los recuerdos del gran cartógrafo de Galicia, del defensor de los derechos de la ciudad, esa otra memoria aún más evocadora, fiel trasunto de su presencia, lograda por un pincel maestro en la lectura de las almas, espejo de unha vida entregada en bien de la tierra nativa a las nobles tareas del espíritu! Museo de Pontevedra, 3 de diciembre de 1945″.
Moi belo debe ser o retrato de Fontán cando en tales termos o gaba. Mágoa que o seu desexo -que sería, sen dúbida, o de todos os pontevedreses- no callaría en realidade, non por razóns de máis peso, senón por ese xogo da política en que os caprichos ou as influencias dos gobernantes de quenda teñen a palabra, alleos a outras consideracións baseadas na eficacia e la prudencia.

Autor: D. José Osorio

Advertisements
 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s