RSS

A oratoria de Fontán

Fontán non foi só un xeógrafo eminente, un matemático insigne, senón tamén un dos grandes oradores do seu tempo.
Algúns dos seus discursos no Congreso están á altura dos mellores de Castelar, Salmerón e tantos outros da súa época.
Cargados de elocuencia, lonxe de todo verbalismo tan en boga entonces como hoxe, os seus razoamentos, encadeados con todas as leis da lóxica, resultaban irrebatibles. Se a esto se engade o seu nobre empaque, o seu ademán sereno, a súa clara e ben timbrada voz, non pode sorprendernos que os seus discursos se escoitasen na Cámara no más profundo dos silencios.
Hei aquí, como mostra, algúns parágrafos que recollemos dun escrito de Paulino Pedret Casado:
“Añadiré en obsequio de la Universidad de Santiago, de que fui profesor más de veinte años, que no merece la amarga censura con que la calificó el señor Montaos: a lo menos me precio de que allí no enseñé errores”.
Naquel mesmo día debateuse no Congreso o tema dos foros. Domingo Fontán levantouse a falar. Non para adular ós poderosos -o asunto prestábase a elo- senón para defender a xusta causa dos humildes, en este caso dos pobres e sufridos campesiños da súa terra vernácula, a la que en centos de ocasiones deu probas do seu amor. E dixo:
“Galicia es un país que no se parece en nada a los demás de España; es un país en donde apenas hay un palmo de terreno que no esté pagando prestaciones y rentas en frutos, en grano, en mano, en gallinas, etc., a los que se llamaban Arzobispo y señor de Santiago, Obispos y señores de Mondoñedo, Lugo, Orense y Tuy, a los que se llamaban Abades de Santiago y Condes de Présaras”. es decir, a los que al título de Prelados eclesiásticos reunieron el de señores feudales y jurisdiccionales del país”.
A súa etapa de Deputado a Cortes pola provincia de Pontevedra mostra ás claras tanto as súas excepcionais dotes oratorias como a súa extraordinaria capacidade política, que demostrou cumpridamente en multitude de ocasións.
Baste recordar o enxeño e talento usados na defensa de Pontevedra como capital da provincia -sempre dentro da mesura e serenidade que estes actos requiren-, defensa que o éxito máis rotundo coroou para ben da xustiza e da lei, que debe ser en todo momento fiel reflexo daquelo.
Domingo Fontán reúne as tres calidades dun político exemplar: prudencia, acerto e rectitude. Estas tres calidades presidiron sempre a súa actuación pública.
Sen necesidade de recorrer á demagoxia (¡qué lonxe estaba el deses fáciles recursos!). Soubo impor o seu criterio só coa forza da verdade e da xustiza.
A súa sinceridade foi recoñecida como virtude incluso polos seus adversarios de boa fe; non así polos seus inimigos, que non perderon ocasión de ferilo, chegando nos seus rancores ata a inxuria máis aleivosa. ¡Ata tanto alcanzan o odio e a envexa!. Pero o barro non manchou a pureza da súa imaxe pública: ó cabo acertou a ganarse o respecto e a admiración dos mellores.

 

Os comentarios están pechados.