RSS

Na ultima volta do camiño

Nada sabemos dos últimos anos do xeógrafo de Portas no que á súa vida se refire (repetimos que a súa biografía aínda está por facer); pero non é difícil imaxinar que volvese algunha vez ós seus lares. Hai un momento na existencia do home en que as ilusións se apagan para deixar paso á nostalxia e ós recordos: entonces sente unha atracción irresistible cara os lugares en que transcorreu a súa nenez. Espera, en vano, recuperar a súa infancia perdida, atopar a súa verdadeira identidade, rescatar ós seus mortos, sombras xa entre a sombra… Vai en busca de algo, non sabe qué, acaso da súa propia morte.
Retornaría a Portas, sen a menor dúbida; en ocasións, dun xeito real, noutros, só en espírito nesas largas, interminables noites dos vellos. E miraría cos seus ollos cansados de contemplar estrelas, cando a lúa está redonda ou colgada do ceo coma un plátano maduro.
Todo quedaba atrás: alegrías, amarguras, logros, traballos, frustracións, esperanzas… todo era xa unha mesma cousa para el. E algunha vez, alá no máis íntimo da súa mente se preguntaría, quizais, si valera a pena.
Pero si valeu. Domingo Fontán, segue, e seguirá vivindo na memoria de todos. A morte non fixo senón inmortalizar a súa obra e a súa figura.

Autor: D. José Osorio

 

Os comentarios están pechados.