RSS

Fontán e o Museo

No Museo de Pontevedra poden verse hoxe os seguintes documentos e obxectos relacionados de algún modo coa vida e obra de Fontán:
-Extracto de información da partida de bautismo.
-Partida de defunción.
-Esquela mortuoria.
-Sextante utilizado por Fontán para os seus traballos cartográficos.
-Carta autógrafa de Fontán ó Concello pontevedrés.
-Reproducción do retrato de Fontán, firmado por Esquivel. (O orixinal atópase, como xa indicamos, na Universidade de Santiago).
-Miniatura de Dona Manuela Riva, esposa de Fontán.
-Fotografía da casa natal de Fontán, no lugar de Portadeconde (Portas).
Na esquela mortuoria, noméanse os principais cargos, títulos e honores de Domingo Fontán. Aquí están:
-Cabaleiro da Real e Distinguida Orde de Carlos III.
-Membro da Academia da Historia e da Sociedade de Xeografía de París.
-Ex profesor de Matemáticas da Universidade de Santiago.
-Ex deputado a Cortes e Director xubilado do Observatorio de Madrid.
A miniatura de Manuela Riva, “no Rivas” -apunta Filgueira no seu escrito- como por errata aparece ó pé, foi cedida polos señores de Fontán ó Museo de Pontevedra. El “Gonz” que aparece como firma non puido ser identificado; quizais sexa aquel Pedro González Cid que pintaba retratos en Santiago -non consta que foi miniaturista- e que foi premiado na exposición celebrada alá en 1858″.
En canto á fotografía da casa natal de Fontán, ofrece a novidade de haberse tomado antes da colocación da lápida que nela figura hoxe. Conserva, pois, o mesmo aspecto que tiña cando Fontán naceu nela.

Autor: D. José Osorio

 

Os comentarios están pechados.