RSS

Biografía resumo

COLECCION CASTO SAMPEDRO (XENTILEZA DO MUSEO DE PONTEVEDRA)

Don Domingo Fontán e Rodríguez naceu na parroquia de Santa María de Portas, lugar de Portadeconde, o 17 de abril de 1788, e bautizouno D. Xosé Antonio Lorenzo e Alfonsín. Fillo de Don Rosendo Fontán y Dna. Sebastiana Rodríguez; neto paterno de Don Domingo Fontán y Dna. Andrea Oliveira; materno, de Don Alberte Rodríguez e de Dna. Sebastiana Blanco, todos da parroquia de Portas, Xulgado de Caldas, provincia de Pontevedra.
Faleceu o 24 de outubro de 1866, ás nove e media da mañá, na vila de Cuntis. Ós 18 anos, 7 meses e seis días, o seu cadáver foi trasladado a Santiago e sepultado no cemiterio xeral daquel pobo no nicho nº 306, e deste por acordo do Excmo. Concello e a súa presencia, en 21 de abril de 1914, pasou á sepultura nº 51, onde descansan aqueles restos benditos.
Ós 12 anos comezara os estudios de Filosofía na Universidade Compostelán, cursando máis tarde con gran aproveitamento as facultades de Teoloxía, Leis e Canons, doutorándose nas dúas primeiras. Aplicábase á súa vez ó estudio das linguas Francesa e Inglesa, merecendo ser nomeado catedrático de ambas na Escola Militar, que por aquela época creábase en Santiago.
Pronto definiuse a súa vocación as Ciencias Exactas, obxecto dos seus afáns, sendo o mellor alumno do sabio profesor Don Xosé Rodríguez, das que as leccións de Matemáticas, que entonces chamaban Sublimes, oíu Fontán por dous anos.
Despois de ter desempeñado varias cátedras na Universidade, e que pertencía ó seu Claustro desde 1811, obtivo por oposición a de Matemáticas Elementais, que ocupou ata 1819, pasando logo á de Matemáticas Sublimes.
En 1834 foi nomeado catedrático de Xeometría, Mecánica e Delineación, aplicacións ás Artes, con destino á Escola especial da Sociedade Económica de Santiago.
Ó seguinte ano, polas súas excelentes dotes e sabedoría, nomeóuselle para o honroso cargo de Director do Observatorio Astronómico de Madrid, logo do impulso que a esta ciencia dera Leverrier en Francia e o P. Sechi en Italia. Dedicouse ó mesmo tempo ó cultivo da Topografía, Cosmografía, Xeodesia e Astronomía, merecendo que a Academia Española da Historia lle contara entre os seus ilustres membros, o mesmo que a Xeográfica Francesa e outras do estranxeiro.
Concibiu Fontán a xigantesca idea de ser útil á súa patria. A empresa era difícil, pero a súa vontade soubo realizala, levantando o plano Xeodésico de Galicia; establecendo vértices, medindo ángulos e alturas; determinou a situación exacta de lugares, ríos, vales, montañas, legándonos con 17 anos de traballos o mapa da nosa rexión, á que chama el modestamente “Carta Xeométrica”, monumento que o eleva a colosal altura, tanto polo atraso en que se achaban naquela época os coñecementos científicos no noso país, canto polas escasas vías de comunicación e falta de medios materiais e económicos con que contaba, e que valoran o mérito da súa obra.
Logo deste ímprobo traballo, do que o resultado foi dar a Galicia aquela Carta que tanto necesitaba, Fontán sufriu toda clase de desdéns y contrariedades, patrimonio de todos os homes de altura; de eso se queixa cando escribe: “…el honor y amor a la Patria me guió en mi empresa, tanto más cuanto que sólo una pequeña honra se me ha dado, provecho material ninguno, después de los muchos años que empleé y los muchos gastos que hice para el logro del objeto que me propuse”. Sendo doloroso facer constar que nin el como confesa nin a súa familia, recibisen gratificación algunha do Estado, gardando este non obstante, as pedras litográficas en que foron gravados os seus mapas, polos cales un entusiasta das súas glorias lle ofrecía unha respectable suma. Baixou á tumba, como dixo Barcia Caballero, sen recoller do seu traballo o merecido froito.
Actuou intensamente na vida pública, buscándoselle en 1818 para coadxuvar á formación da Estatística de Galicia, necesaria para implantar o novo sistema de contribución directa. Foi Secretario da Deputación Provincial de Galicia, e máis tarde da de A Coruña.
Era desprendido e de carácter firme e independente. Demóstrao a proclama que en 1839 dirixiu ós que se honraron téndolle como Deputado por Galicia, en tres lexislaturas, pois representou a Lugo, Pontevedra, Ourense e A Coruña. Dicíalles: “… lejos de soñar con cargos públicos, y aspirando sólo a ser útil a mi Galicia, consagré a este objetivo mis ahorros, mi salud, mis tareas científicas, por más de cuatro lustros, logrando resultados que la posteridad sabrá apreciar, y ahora me encuentro honrado por mis paisanos con su representación en Cortes. Creo haber merecido a los hombres de todos los colores la reputación de un Gallego honrado, siendo el mío servir bien a mi patria”.
“El puesto de Diputado es muy elevado, de responsabilidad inmensa, y sólo debido a la virtud y el mérito. ¿Queréis leer el reverso de la medalla? Es el cargo en donde nadie puede ocultar su pequeñez y miseria. Ser Diputado es, conservar uno su empleo, ascender en su carrera, medrar y especular en beneficio propio; es dar empleos a parientes, deudos y amigos, es en una palabra abusar de vuestra confianza. Yo puedo deciros en voz alta y con la frente erguida que no he medrado ni pedido empleos; ni visto librea, no decoran mi pecho cruces ni distinciones debidas al poder, que debiera ser el Símbolo de la virtud y mérito; no por eso mi posición es más humilde, y en más estimo mi asiento en Academias literarias del Reino y extranjeras. Director era del Observatorio Astronómico de Madrid y lo mismo soy.
En el puesto que me concedisteis en el Congreso, no reposé de continuo, me levanté usando de la palabra para llenar mi deber. No descuidé, ni descuido, vuestros intereses. No callé para que el inmoral ocupase el puesto del hombre honrado, y no pocas veces clamé en desierto. Nadie me ha llevado la delantera en el desinterés, celo y lealtad con que he procurado corresponder a vuestros deseos y a los míos por la felicidad de nuestra Patria y el bienestar de Galicia”
.
Neste mensaxe electoral palpitan os altísimos sentimentos, as delicadas virtudes de Fontán que non só destacou como astro de primeira magnitude nas ciencias, senón que brillou pola súa honradez no mesmo campo da Política, dando leccións éticas a nosos Deputados, que verán sempre naquel un modelo a quen imitar, interesándose máis no ben e prosperidade da Patria e de Galicia.
¡Loor e gloria eterna a Don Domingo Fontán, digno do maior recordo entre os galegos ilustres que inmortalizaron a Rexión!

Autor: Joaquín Sánchez Sánchez

Advertisements
 

Os comentarios están pechados.